¿Quen somos?

Corría o ano 2.002 cando, con espírito construtivo e clara vocación de mellorar a calidade de vida das persoas e optimizar o seu benestar, fúndase Codex Vigo, que xorde despois dunha dilatada experiencia profesional no campo da intervención psicolóxica.

Agora, 12 anos despois, achegámonos a ti.

Nace CODEX OURENSE, pondo ao teu alcance un equipo profesional formado por un amplo cadro de especialistas en distintas disciplinas e cun contrastado recoñecemento nos seus ámbitos de actuación.

O equipo de profesionais de CODEX traballa desde diferentes enfoques terapéuticos para adaptarnos ás diferentes problemáticas existentes, e todos estes enfoques psicolóxicos teñen un obxectivo común:

Buscar a solución máis eficaz, no menor tempo posible.

No plano psicopedagóxico, abordamos diferentes dificultades educativas desde un enfoque integral, en CODEX OURENSE somos especialistas en Nenos con Trastornos do Desenvolvemento e Altas Capacidades Intelectuais.

CODEX, aposta polas novas tecnoloxías, dispomos das ferramentas diagnósticas e recursos didácticos de maior actualidade.

Déixanos mellorar a túa calidade de vida, favorecer o teu benestar e o teu equilibrio é a nosa prioridade.